...DETRAS DA HISTORIA, A LENDA
HABELAS, HAILAS
O certo é que tras esta xa longa traxectoria baloncestística do equipo, está unha familia tamén mitolóxica, os Ares, que ano tras ano consiguen resucitar na cidade de A Coruña ao Xerión de onde queira que o quixesen enterrar.
"O de Obelix que din que caeu na marmita de pequeno e lle abondou para estar en forma, está ben, pero hai que asegurar, así que nos facemos marmitas en Celas cada pouco, por si acaso, non vaia ser o demo...". Declarou recentemente o noso pívot-presidente Juan Ares. |
![]() |
| Xerión: defensa en zona |
Con poción máxica ou sen ela, e meritorio sumar un ano máis de idade no Xerión co esforzo económico e de tempo que nos supón a todos os que antes, agora e sempre formamos parte do equipo. Neste punto é de agradecer o apoio que cada tempada nos da a Deputación de A Coruña e o Concello de A Coruña.
A promoción do deporte de base, nos nenos e na xuventude é esencial para o desenvolvemento e a educación. E tamén debería se-lo cando se alcanza a madurez. Pero o certo e que non é tan doado logralo en deportes de equipo polo compromiso adicional que supón fronte ao desenvolvemento dun deporte individual.
Por iso todos os que algunha vez pasamos polo Clube Baloncesto Xerión, sentímonos orgullosos de poder ser a lo menos, unha pequena mostra de superación e compromiso. Como diría John Rambo "Non sinto as pernas, meu Deus"...Y Juan le pasaría la "limonada" 💪.


