A HISTORIA

Unha década de baloncesto en nombre de Xerión  

2007, da rúa ás canchas 


0:00 dunha noite calqueira en A Coruña. Se hai unha canasta, alí estaban os fundadores do Xerión botando unha pachanga. Nada de botellóns: botes de balón e chirrido de zapatillas, que tiñan que durar a lo menos 3 tempadas.

Os Moncho, Juan, Vicente, Martínez, Frade, Pichi...e outros moitos que se foron unindo a este equipo de guerrillas. 



¿Oes, e por que non montamos un equipo para xogar na liga? Esa foi a primeira pregunta que orixinou o Clube Baloncesto Xerión. A seguinte xurde todos os anos: ¿Seguimos co equipo? Un ano máis veña, que aguantamos.

¿Por qué Xerión? Di Martín que xa abonda de heroes e gañadores, así que podemos ser os "malotes". Seamos o deus Xerión. Sendo un equipo da cidade de A Coruña, entre as lendas mitolóxicas do orixe da ciudade estaba o Xerión, aquel xigante de tres cabezas.
Según se recolle na "Historia de España" de Alfonso X el Sabio, escrita no século XIII, Xerión obrigaba aos seus súbditos a entregarlle a metade dos seus bens, e incluso aos seus fillos, ata que chegou ata estas terras Hércules. Os aterrados habitantes pedíronlle axuda e este retou a Xerión a unha loita a morte. Despois de tres días de batalla, a cabeza do xigante foi enterrada no mesmo lugar onde se ergueu a Torre de Hércules en A Coruña. 




O escudo coruñés amosa unha calavera e unhas tibias baixo a figura da Torre como lembranza do enterramento de Xerión baixo ese edificio.