UN ANO MAIS...

E van 11, se non perdimos a conta  



Comeza unha nova tempada e un ano máis, Xerión atrévese a seguir competindo...e a gozar dun deporte de equipo, aínda que é mellor dicir, un deporte "en" equipo.

Resulta un miragre ser quen de manter as gañas e o compromiso que supón para todos os integrantes integrantes do Xerión, e sen dúbida para os culpables habituais, os Ares. Non me quito o sombreiro porque non levo.

Ademáis este ano fixemos pleno ao 15, e incluso con algunhas solicitudes de ficha máis que lamentablemente non puidemos atender por limitacións administrativas.

Ser moitos ven bárbaro en previsión de ausencias, lesións. A tempada é longa, con bastantes equipos por grupo este ano. Haberá que facer descartes!.

Grazas unha vez mási á Deputación de A Coruña e ao Concello de A Coruña polo seu apoio todos estos anos.

E tamén como non, aos amigos dea cervexería MALTE Malte e o Bar Futbolín Club Coruña Fulbolín, que cuidan de nós tras os entrenamentos e partidos cos seus pinchos e a sua amabilidade.