GRAZAS DEPUTACIÓN
DE BEN NACIDOS É SER AGRADECIDOS
Un ano mais desfrutamos do apoio incondicional da Deputación da Coruña, que sen lugar a dúbidas ten tanto o mais mérito ca nós por ter confiado en que resistiríamos polas canchas adiante xogando ao baloncesto.
O certo e que seguramente ambos pensamos que pode ser algo positivo e por qué non dici-lo, inspirador, demostrar que con algo de empeño e amor propio a idade non debe ser unha barreira.
Non é doado...mais é posible. Non hai mais barreiras que as que nós mesmos levantamos.
Grazas tamén aos outros equipos que nos acompañan nesta aventura no baloncesto e noraboa a muitos deles por também ter conseguido seguir aí ano tras ano.
