Tempada 2018-19 primeiras xornadas
Os comenzos foron moi duros...Non saímos coma "cuchillos" e chovéronnos coiteladas.
Os dous primeiros partidos foron ben duros. Non nos presentamos vaia. E tamén, claro está, tivemos moi bos equipos enfronte que, especialmente no segundo partido, non tiveron piedade.
Mellor así, tocando fondo tra-lo partido contra Fundación, porque parece que tras esa paxara, fomos quen de despertar do letargo.
Non soemos ser un equipo moi anotador, así que a defensa é sen dúbida, a nosa mellor arma. Iso e lograr ataques ordeados e coa meirande serenidade posible. Moitas das veces deixámonos contaxiar polo ritmo de outros equipos con xente moito máis xoven, ou polas nosas propias presas. Conseguirémolo.
De todos os xeitos, os obxectivos seguen a ser os de cada ano: desfrutar xuntos xogando (ben) a este deporte, non lesionarse (moito), ter ese punto de amor propio e pundonor que sempre estivo no Xerión, e competir cada minuto de xogo.
E ao final de todo isto, xa cando pareza que todo terminou...
ESTIRADEEE!
