Para que puidamos seguir desfrutando moitos anos máis dunho dos mellores deportes que se inventou, o baloncesto, sería moi recomendable adicar algo de tempo a unhas pautas básicas de mantemento, dado que as reparacións son cada vez máis costosas cando se acumulan quilómetros nas botas... De todo o que se pode facer para lograr este obxectivo, os estiramentos tras o exercizo son seguramente o mellor investimento que podemos facer. Xa non só para evitar lesións, senón para que a práctica deportiva incida o menos posible nas actividades diarias, no traballo, na casa, etc., o al menos, non escoitemos de cotío o de: "Por qué andas coma Chiquito de la Calzada. Onte fuche a xogar eh? Unha pequena homenaxe a un Grande coma Chiquito, probablemente ao único que un árbitro endexamáis lle houbera pitado pasos, pola "gloria de su madre". O corpo ten músculos para dar e tomar, e é coma se aparecesen máis cada ano que pasa (pola dor que se sinte tras cada esfozo), así que c...